20120929

Israel aposta por unha Catalunya independente

Israel aposta por unha Catalunya independente

O máis importante xornal israelí publica unha longa reportaxe sobre o proceso de independencia iniciado neste país e augura un estado independente.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 29/09/2012



O diario israelí Haaretz publicou este venres unha longa reportaxe na que asegura que Catalunya "será pronto do pobo catalán, da mesma forma que Israel é do pobo xudeu" e va, mesmo máis alá, ao afirmar que "non se ve futuro para un estado binacional, nin para unha federación nin unha confederación, nin a autonomía".

A reportaxe, que abre as páxinas de internacional, está asinado por Adar Delgadez e inclúe unha entrevista co portavoz de Solidaritat Catalana per la Independència, Alfons López Tena.

"Pataca quente"

"O boomerang xa está a andar: os cataláns darán a súa resposta a Rajoy o 25 de novembro", asegura o diario para engadir que os "cataláns están decididos a eludir a Constitución Española e facer un referendo de independencia". Unha consulta que Haaretz define como "unha pataca quente que pronto acabará nas saias da Unión Europea".

O diario aproveita a reportaxe para lembrar os conflitos similares que existen actualmente de carácter similar ao que se vive entre Cataluña e España. "A última vitoria dos separatistas do Quebec, Canadá, os continuos esforzos para desmantelar o reino de Bélxica, e o referendo nacional que se celebrará en Escocia o 2014 son só algúns exemplos que o demostran. Nin unha federación nin unha confederación, nin a autonomía" pecha a edición do Haaretz. De feito, sentenza que non cabe posibilidade dun "estado binacional".

"Amigable con Israel"

O diario destaca a entrevista ao deputado Tena que asegura que "a nosa honra e a nosa liberdade son fundamentais para o espertar" e que "mesmo sen a crise económica habería unha maioría clara a favor da independencia". Así mesmo asegura que unha "Cataluña independente será amigable con Israel".

Na reportaxe tamén se menciona que a segunda equipación de Xabi, Iniesta e Messi xa son n as cores da bandeira catalá e que os cataláns xa estan cansos de traer ás rexións pobres d`España as súas costas e se senten "roubados" polo Estdo español. Por iso, esixen "cobrar os seus propios impostos" para que un 9 por cento do PIB catalán non vaian as arcas do goberno central en Madrid".

No hay comentarios: